Con este caderno, pretendo recoller recendos dos camiños.Recendos da primaveira ou do outono, do verán ou do inverno.Recendos doutros tempos. Está adicado as Xentes de Salceda de Caselas e de comunidades veciñas, que outrora tiveron que deixar os seus lares para buscalo pan fora da nosa terra.

miércoles, 12 de mayo de 2010

Unha volta por Parderrubias.

              Hoxe decidin camiñar por Parderrubias, xa facía ben tempo que non a visitaba.Parderrubias está chea de fermosos chalets , pero aínda quedan restos doutros tempos.Os recendos do xazmin e dos eucaliptos fixeronme compaña.Os paxaros puseronlle música ao meu camiño.Mágoa que as veces o ruido dos automóbiles que pasaban pola estrada xeral, amolaban un pouco.


O millo vai medrando.

Os petos de ánimas, abondaban noutro tempo.Me pregunto quen tería a chave.
O cemiterio que hai na Igrexa de  Parderrubias ten unhas lápidas bellas e moi traballadas .
Este cruceiro de Parderrubias ten a Virxe por un lado e un Cristo polo outro.Data de 1793.
                                                  Lavadoiro en Fontán.

No hay comentarios: