Aínda que fixen cedo o camiño,xa escomenza a notarse o calor.Tomei a decisión de coñecer a Senda do Río Caselas en Entenza.Polo tanto partín dende O Cruceiro de Entenza ata o Parque Recreativo da Fonte de Agüin. Despois continuei pola Senda que transcorre entre a Ponte de Agüin ea Ponte do Picado,pontes estas que nos achegan a Arantei, en Salvaterra de Miño.A senda mide un kilómetro mais ou menos.Quedei abraiado da vexetación que a rodea ,máis botei de menos un río limpo e que tivese peixes (non vin nin un peixe).As augas do Río Caselas aínda que non atufan ,semellan turbias.Penso que non estarían mal uns bancos para sentar e tamén uns recipientes onde botar o lixo.As indicacións para dar ca senda tampouco son boas.O final, na Ponte do Picado chama a atención un grandioso e fermoso muiño, que se atopa en estado non desexable.De todo iso dou testemuño coas fotos que se achegan.Non te esquezas de picar nas fotos para velas con máis detalle.Máis información na ligazón adxunta.
Faro de Vigo 20 de Maio 2010.
Os canastros ou hórreos das xentes de Salceda teñen unha personalidade diferenciada.
As flores non poden faltar.
Esta poza da Fonte de Agúin está chea de rás e cuberta dun manto verde.
Din que esta auga ten propiedades medicinais para a vista.¿Será verdade?.
Este Lavadoiro pegadiño a Fonte de Agüin, vese ben que é novo.
A Senda comeza aquí.
O Río Caselas.
Fermosas árbores ao longo da senda.
O Muiño da Ponte do Picado.
O interior do Muiño.¿Haberá un Plan-E para os muiños?.
No hay comentarios:
Publicar un comentario