Con este caderno, pretendo recoller recendos dos camiños.Recendos da primaveira ou do outono, do verán ou do inverno.Recendos doutros tempos. Está adicado as Xentes de Salceda de Caselas e de comunidades veciñas, que outrora tiveron que deixar os seus lares para buscalo pan fora da nosa terra.

domingo, 28 de noviembre de 2010

XIV Festa dos Cogumelos en Entenza - Salceda de Caselas

Sen lugar a dúbida , as festas gastrónomicas seguen a medrar na nosa terra.Agora xa se fan a nivel parroquial coma esta dos cogumelos en Entenza - Salceda de Caselas.
Nesta ocasión choveu de abondo e o número de asistentes non foi o desexable.Nembargante a xente que asistiu , protexida baixo unha carpa instalada para tal evento deu mostras de pasalo ben e aplicou o dito tan galego de que " Si chove , que chova."
Dou fé de que os cogumelos estaban deliciosos, máis aínda ao degustalos en boa compaña.
De todo elos deixo unhas fotos que pretenden ilustrar diversos momentos da festa.


































Leer mais...

domingo, 21 de noviembre de 2010

XII Festa do Viño Novo de Arantei - Salvaterra de Miño.

A climatoloxía non está como para andar polos camiños cheos de lama e as choivas do outono fanse notar.Pero sempre hai cousas que reclaman o meu interese.Nesta ocasión desplaceime a veciña parroquia de Arantei en Salvaterra de Miño , para botar unha ollada e tamén probar o viño novo na XII edición da Festa que alí se celebra.A destacar que o viño era de balde,grazas a colabouración dos veciños de Arantei.Así que houbo que acompañalo con algún dos sabrosos platos que estaban a venda.Eu probei o tinto que estaba realmente bo , pero non en demasía, para facer bo o refran que di que "con pan e viño se anda o camiño" e xa se sabe que si hai moito viño no corpo , éste, máis que andar , acaba tirado polo chan.















Leer mais...

lunes, 15 de noviembre de 2010

Tempo de cogumelos


Os cogumelos forman parte de esa cor tan fermosa , tan especial que sempre nos trae ou outono.Son abondosos nestas terras, para satisfacción dos micólogos e micófagos.Nesta entrada quero deixar patente algunhas das variedades que temos.Por descoñecemento non direi si son ou non comestibles, xa que eu en particular só me aproveito dos chamados , choupiños, choupins,cogordos ou paraugas.Tecnicamente coñecidos como una variedade de Lepiota, neste caso Lepiota Procera.































































































































Leer mais...