Con este caderno, pretendo recoller recendos dos camiños.Recendos da primaveira ou do outono, do verán ou do inverno.Recendos doutros tempos. Está adicado as Xentes de Salceda de Caselas e de comunidades veciñas, que outrora tiveron que deixar os seus lares para buscalo pan fora da nosa terra.

domingo, 21 de noviembre de 2010

XII Festa do Viño Novo de Arantei - Salvaterra de Miño.

A climatoloxía non está como para andar polos camiños cheos de lama e as choivas do outono fanse notar.Pero sempre hai cousas que reclaman o meu interese.Nesta ocasión desplaceime a veciña parroquia de Arantei en Salvaterra de Miño , para botar unha ollada e tamén probar o viño novo na XII edición da Festa que alí se celebra.A destacar que o viño era de balde,grazas a colabouración dos veciños de Arantei.Así que houbo que acompañalo con algún dos sabrosos platos que estaban a venda.Eu probei o tinto que estaba realmente bo , pero non en demasía, para facer bo o refran que di que "con pan e viño se anda o camiño" e xa se sabe que si hai moito viño no corpo , éste, máis que andar , acaba tirado polo chan.















No hay comentarios: