Con este caderno, pretendo recoller recendos dos camiños.Recendos da primaveira ou do outono, do verán ou do inverno.Recendos doutros tempos. Está adicado as Xentes de Salceda de Caselas e de comunidades veciñas, que outrora tiveron que deixar os seus lares para buscalo pan fora da nosa terra.

martes, 31 de agosto de 2010

Por lugares de Cristiñade - Ponteareas

Novamente meu camiño veu dar a terras de Cristiñade en Ponteareas.Comecei por o lugar da Urcela para seguir camiño ata O Cribeiro.Dende alí atopei un gratificante camiño que polo medio dun monte preñado de natureza levoume a Soutovidal e Penela.Foi pouco máis dunha hora de fermoso percorrido que a ben seguro ei de volver a facer.
Leer mais...

jueves, 26 de agosto de 2010

Rabadáns - Alxén - Salvaterra de Miño.

De novo voltei a Alxén en Salvaterra de Miño.Desta xeira quixen coñecer o lugar de Rabadáns.Partindo do lugar de A Igrexa ,subin e baixei polos camiños percorrendo terras con moitos viñedos cheos de boa uva.Xa o final coñecin a taberna do Hipólito emblemática na zona por antiga , e pola sona dos seus viños.Era obligado probalos e abofé que estaban bos.
Leer mais...