Un bo día de verao fixo que de novo voltara a Cabreira para estar no San Roque.Alí atopei todo o que unha festa que se precie ten que ter.Os devotos encheron a Capela de San Roque, namentres que outros menos devotos "mollaban a palleta"co viño da zona.A Banda de Música de Salvaterra de Miño deu un concerto na fermosa área recreativa ,as rosquilleiras venderon as doces rosquillas e os fogueteiros anunciaron que en Cabreira había festa.En Cabreira onte , houbo unha festa tipicamente galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario