Polo Alto da Forca tomei unha pista de terra con algunhas fochancas que me levou ao Faro de Budiño.Dende ali as paisaxes son fermosas e puden ollar aos meus pes O Val da Louriña e máis lonxe a cidade de Tui.Pero pode que o máis representativo do faro sexan os seus grandes pelouros.Tamen hai unha Area Recreativa e de Lecer onde poder xantar.A Volta fixena por unha pista asfaltada de forte pendente na baixada, que me levou ao lugar de Benunes na parroquia de San Salvador de Budiño no Porriño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario