Con este caderno, pretendo recoller recendos dos camiños.Recendos da primaveira ou do outono, do verán ou do inverno.Recendos doutros tempos. Está adicado as Xentes de Salceda de Caselas e de comunidades veciñas, que outrora tiveron que deixar os seus lares para buscalo pan fora da nosa terra.

sábado, 27 de agosto de 2011

San Pedro de Angoares - Ponteareas

Sabe Deus , cantas veces pasei a carón da igrexa de San Pedro de Angoares ,do século XII .No veciño concello de Ponteareas.Mais endexamais a visitara.Por fin chegoulle o día.Tamén aproveitei pra percorrer os lugares de Mosteiro e Picón, perteñecentes a mesma parroquia.


Leer mais...

domingo, 21 de agosto de 2011

As videiras queren achegarse ao ceo

De novo acheguéime a terras de Cabreira en Salvaterra de Miño, para ollar os lugares de Cadavés, Arrotea e A Ron.Terras preñadas de videiras.Algunhas delas, por estar sen goberno mistúranse con carballos ,maceiras,silveiras ou mesmamente co tendido eléctrico.Semella questas videiras queren achegarse ao ceo.
Por facer cedo o camiño, os cans ladraron de xeito escandaloso,fieis gardiáns do seu.Creando en min un sentimento de culpabilidade.Xa que penso que si o can ladra , o dono esperta.Polo tanto poderíase dicir que veño a ser coma un espertador comunitario non desexado.Só un can non me ladrou e mostrou certa ledicia ao meu paso.A él, tireille unha foto que ben o mereceu.
















Leer mais...