Con este caderno, pretendo recoller recendos dos camiños.Recendos da primaveira ou do outono, do verán ou do inverno.Recendos doutros tempos. Está adicado as Xentes de Salceda de Caselas e de comunidades veciñas, que outrora tiveron que deixar os seus lares para buscalo pan fora da nosa terra.

martes, 28 de diciembre de 2010

Tempo do Nadal

As baixas temperaturas propias do Nadal , deixan un manto de xeada nos campos.A paisaxe é diferente. Agora os campos parecen espidos e moitas viñas están podadas.Aínda así os laranxos sobordan de froitos.
 Namentras, no pobo, a música  ponlle un recendo especial a estas datas do Nadal.

























Leer mais...

domingo, 28 de noviembre de 2010

XIV Festa dos Cogumelos en Entenza - Salceda de Caselas

Sen lugar a dúbida , as festas gastrónomicas seguen a medrar na nosa terra.Agora xa se fan a nivel parroquial coma esta dos cogumelos en Entenza - Salceda de Caselas.
Nesta ocasión choveu de abondo e o número de asistentes non foi o desexable.Nembargante a xente que asistiu , protexida baixo unha carpa instalada para tal evento deu mostras de pasalo ben e aplicou o dito tan galego de que " Si chove , que chova."
Dou fé de que os cogumelos estaban deliciosos, máis aínda ao degustalos en boa compaña.
De todo elos deixo unhas fotos que pretenden ilustrar diversos momentos da festa.


































Leer mais...