Con este caderno, pretendo recoller recendos dos camiños.Recendos da primaveira ou do outono, do verán ou do inverno.Recendos doutros tempos. Está adicado as Xentes de Salceda de Caselas e de comunidades veciñas, que outrora tiveron que deixar os seus lares para buscalo pan fora da nosa terra.

lunes, 27 de septiembre de 2010

Beirarrúas axeitadas

Certamente uns dos problemas do noso pobo, do centro urban,son as estreitas beirarrúas.
Mesmamente escribín sobre elas nunha entrada do blog que poderedes ollar picando nesta ligazón.
Hoxe quero publicar unhas fotos das novas beirarrúas (daquela a piques de rematar), que temos no corazón do pobo e que fan que o noso pobo sexa máis pobo, máis humano e máis fermoso.Oxalá esto non sexa un punto e final.Parabéns a todos os salcedenses.














Leer mais...

jueves, 9 de septiembre de 2010

Da Senda do Río Caselas polas Covas a Terras do Pazo, na Picoña.

A Senda do Río Caselas polas Covas, xa tiña visitado fai un tempo.Daquela traballaban arreo nela, como poderá ollarse nesta ligazón.Hoxe atopei a senda caseque rematada.Mais a miña andaina continuou ata Terras do lugar do Pazo na parroquia de Picoña,seguindo pistas que no coñecía.De tal xeito que descubrín novas vistas do Pazo da Picoña e un lavadoiro que nesta ocasión estaba a ser utilizado para o lavado duns farrapos e tamén dun coche.
Leer mais...

sábado, 4 de septiembre de 2010

Unha volta por Guillarei - Tui

Pouco coñezo dos lugares de Guillarei.Esta foi a razón que me levou a facer unha primeira incursión nesta parroquia do veciño concello de Tui.Partindo da estrada xeral que vai de Salvaterra de Miño a Tui, tomei unha pista que me levou aos lugares de O Souto e A Igrexa .Chamoume a atención unha área de adestramento de aves de cetrería.
Leer mais...