Con este caderno, pretendo recoller recendos dos camiños.Recendos da primaveira ou do outono, do verán ou do inverno.Recendos doutros tempos. Está adicado as Xentes de Salceda de Caselas e de comunidades veciñas, que outrora tiveron que deixar os seus lares para buscalo pan fora da nosa terra.

viernes, 7 de octubre de 2011

Perdido por terras de Salvaterra de Miño

Perdido e sen rumbo ,andiven por Terras de Salvaterra de Miño.As veces perderse está ben.Esto foi o que aconteceu onte,por terras das parroquias de Corzáns ,Fiolledo,Pesquéiras e Oleiros.
Grazas a miña andaina ,descubrín dous fermosos petos de ánimas e o que queda dunha antiga capela que data do ano 1778 e que se atopa en Fiolledo ,no barrio de San Gregorio diante do Pazo dos Avalle,ou Solar dos Avalle.




















Leer mais...

sábado, 1 de octubre de 2011

Tempo de outono

O outono chegou.As castañas chegaron pode que antes do normal.Nesta ocasión visitei novamente o lugar das Maceiras na parroquia de Cristiñade en Ponteareas.Alí atopase un deses parques naturais anónimos.Pode que por eso, sexa máis parque que outros coñecidos.Non hai xente nin asfalto.Non hai gardas , nin hai paneis informativos.A natureza medra con liberdade, preñada das árbores onde predominan os carballos e varias variedades de castiñeiros.Visitar As Maceiras e todo un privilexio.Chegou o Outono, chegaron as castañas.









Leer mais...