Con este caderno, pretendo recoller recendos dos camiños.Recendos da primaveira ou do outono, do verán ou do inverno.Recendos doutros tempos. Está adicado as Xentes de Salceda de Caselas e de comunidades veciñas, que outrora tiveron que deixar os seus lares para buscalo pan fora da nosa terra.

sábado, 1 de octubre de 2011

Tempo de outono

O outono chegou.As castañas chegaron pode que antes do normal.Nesta ocasión visitei novamente o lugar das Maceiras na parroquia de Cristiñade en Ponteareas.Alí atopase un deses parques naturais anónimos.Pode que por eso, sexa máis parque que outros coñecidos.Non hai xente nin asfalto.Non hai gardas , nin hai paneis informativos.A natureza medra con liberdade, preñada das árbores onde predominan os carballos e varias variedades de castiñeiros.Visitar As Maceiras e todo un privilexio.Chegou o Outono, chegaron as castañas.









No hay comentarios: