Con este caderno, pretendo recoller recendos dos camiños.Recendos da primaveira ou do outono, do verán ou do inverno.Recendos doutros tempos. Está adicado as Xentes de Salceda de Caselas e de comunidades veciñas, que outrora tiveron que deixar os seus lares para buscalo pan fora da nosa terra.

lunes, 30 de mayo de 2011

A Romería de San Cibrán

O último domingo do mes de maio , celébrase a Romería de San Cibrán , no alto do mesmo nome.Romería que é especialmente organizada polos  veciños da Picoña -Salceda de Caselas e de Guláns - Ponteareas.De xeito que cada ano dita romería serve de punto de encontro, das imaxes dos santos de parroquias veciñas,que veñen levadas por ataviados  tractores con adornamentos florais.En San Cibrán  se encontran as imaxes dos santos,seguindo un curioso protocolario,unha vella tradición.Se encontrán os veciños de diferentes parroquias para compartir a misa que se celebra na capela do santo.Ou mesmamente para compartir un exquisito xantar e bailar unas pezas o son das charangas.


























Leer mais...

lunes, 2 de mayo de 2011

Por terras de Pesqueiras - Salvaterra de Miño

Camiñando por Pesqueiras en Salvaterra de Miño , tiven a oportunidade de coñecer un novos cruceiros  e un grande e fermoso peto de ánimas que semella non durará moito tempo se non se protexe e restaura.As voltas andiven por lugares como o Chan da Igrexa ou Gallamonde.Alí atopei a primeira cerdeira con froito maduro desta primaveira e coñecín a Igrexa parroquial de Sta.Mariña.
































Leer mais...