Con este caderno, pretendo recoller recendos dos camiños.Recendos da primaveira ou do outono, do verán ou do inverno.Recendos doutros tempos. Está adicado as Xentes de Salceda de Caselas e de comunidades veciñas, que outrora tiveron que deixar os seus lares para buscalo pan fora da nosa terra.

miércoles, 28 de julio de 2010

San Salvador de Budiño - O Porriño

Nesta xeira adentreime en Terras do Concello de Porriño, pola parroquia de San Salvador de Budiño.As pistas por estas terras son moi utilizadas polos automóbiles e eso amoloume un pouco, xa que dalgun xeito dificultaron o meu camiñar.A parte positiva foi que por primeira vez puden botarlle unha ollada ao fermoso  Pazo de Budiño.

O Centro Cultural a Forna.
Abella facendo o seu traballo.
Local Social do Casal.
Ermita de San Antonio.Aquí celebrase a romaría de San Brais.
 Peto de ánimas a carón da ermita.

O Pazo de Budiño.
Semella que o Pazo está en boas condicións.
Leer mais...