Xa fixera camiño por Cabreira , pero son tantos os lugares e camiños por percorrer que sempre queda algún atrás.Por eso hoxe, tiven a oportunidade de coñecer novos lugares de Cabreira en Salvaterra de Miño.Foi un agradable paseo que comecei nas Arras e que me levou ao lugar coñecido como As Barreiras.Alí ,nun outeiro atopei unha casa que aínda que destes tempos semella un verdadeiro e fermoso pazo.Na su porta un letreiro indica o seu nome; "Casa As Barreiras".Alguén me dixo que noutro tempo fora unha escola, mais esto non o puden confirmar.Máis adiante collin unha pista polo medio do monte que me levou a estrada xeral por terras de Arantei.
Picando na imaxe pode que atopes unha ra.
No lugar das Arras comecei o meu camiño.
Semella que este ano haberá moito viño.
Esta pista que vai polo medio do monte, levoume a estrada xeral preto de Arantei.
Dende aqui fixen o camiño de volta.
Esta sinal de perigo quedou agochada pola vexetación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario