Sabendo que o Río Tea pasa por Alxén en Salvaterra de Miño,saín decidido a buscalo.Tomei a estrada que vai dende Igrexa de Alxén a Cristiñade , máis adiante aparta unha pista a dereita que me levou a os lugares de Cotodouro,Ervideiro,Gandarachán,Porto e a Fraga do Rei de Alxén.Non confundir ca Fraga do Rei da parroquia de Cristiñade en Ponteareas.
Pois ben,percorrendo estos lugares atopei unha baixada en Gandarachán que me levou ata o río ea ponte que separa Alxén de Salvaterra de Miño.Quedei abraiado da beleza do Río Tea por estas terras, por contra decepcionoume o estado da Area Recreativa e de Lecer que hai na ribeira.Mal coidada e sen mantemento algún,a pesares da informacíon que a determina como "Zona de especial protección dos valores naturais".As fotos que adxunto testemuñan os meus comentarios.
Malas condicións desta área recreativa.
Fermoso Río Tea neste lugar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario