Con este caderno, pretendo recoller recendos dos camiños.Recendos da primaveira ou do outono, do verán ou do inverno.Recendos doutros tempos. Está adicado as Xentes de Salceda de Caselas e de comunidades veciñas, que outrora tiveron que deixar os seus lares para buscalo pan fora da nosa terra.

jueves, 9 de septiembre de 2010

Da Senda do Río Caselas polas Covas a Terras do Pazo, na Picoña.

A Senda do Río Caselas polas Covas, xa tiña visitado fai un tempo.Daquela traballaban arreo nela, como poderá ollarse nesta ligazón.Hoxe atopei a senda caseque rematada.Mais a miña andaina continuou ata Terras do lugar do Pazo na parroquia de Picoña,seguindo pistas que no coñecía.De tal xeito que descubrín novas vistas do Pazo da Picoña e un lavadoiro que nesta ocasión estaba a ser utilizado para o lavado duns farrapos e tamén dun coche.

4 comentarios:

vitruvia dijo...

As cousas da vida. Coñezo esas terras. Redondela, onde vivo, está relativamente cerca, e teño familia na Picoña, e raíces moi profundas en Budiño, e atópote buscando blogs que votar no concurso de 20minutos. Non teño por costume votar por afinidade, pero esta vez voume deixar levar, e vouche dar o meu voto na categoría de Mi ciudad, ainda que teño que recoñecer que ademais de este criterio conta tamén, ao teu favor, que o blog ten un deseño fantástico, que a atmósfera envólvete dun xeito incrible, e que o clima xeral e mais que apetecible.

(So un apunte, se mo permites, a cor das letras dos enlaces e do pe de páxina faise caseque ilexible, deberías calibar a posibilidade de darlle outro tono, xa que molesta na vista)

Un saudo, e moita sorte, meu.

xoan dijo...

Moitas grazas polo comentario.Terei en conta a súa suxerencia.

Anónimo dijo...

Eu também percorri esta senda nom faz muito, e a verdade é que me encantou... O percorrido genial, e gostei tanto da restauraçom dos moinhos como do cuidado com a natureza à hora de construir a senda...

Parabéns pelo blog, está genial!

Unknown dijo...

Muito obrigado polo seu comentario.Alédome de co blog sexa do seu agrado.