De novo acheguéime a terras de Cabreira en Salvaterra de Miño, para ollar os lugares de Cadavés, Arrotea e A Ron.Terras preñadas de videiras.Algunhas delas, por estar sen goberno mistúranse con carballos ,maceiras,silveiras ou mesmamente co tendido eléctrico.Semella questas videiras queren achegarse ao ceo.
Por facer cedo o camiño, os cans ladraron de xeito escandaloso,fieis gardiáns do seu.Creando en min un sentimento de culpabilidade.Xa que penso que si o can ladra , o dono esperta.Polo tanto poderíase dicir que veño a ser coma un espertador comunitario non desexado.Só un can non me ladrou e mostrou certa ledicia ao meu paso.A él, tireille unha foto que ben o mereceu.

No hay comentarios:
Publicar un comentario