Con este caderno, pretendo recoller recendos dos camiños.Recendos da primaveira ou do outono, do verán ou do inverno.Recendos doutros tempos. Está adicado as Xentes de Salceda de Caselas e de comunidades veciñas, que outrora tiveron que deixar os seus lares para buscalo pan fora da nosa terra.

lunes, 1 de noviembre de 2010

Outono nas Maceiras - Cristiñade

As Maceiras é un lugar que perteñece a veciña parroquia de Cristiñade en Ponteareas.É un lugar increible onde respirase paz e natureza.Unha auténtica fraga descoñecida por moitos , merecente de ser declarada zona protexida.Nas Maceiras aínda se poden atopar restos das casiñas de pedra que testemuñan que noutro tempo foi habitada.A vexetación autóctona predomina de tal xeito que as veces  un manto de follas dificulta ollar o ceo.Sen lugar a dúbida As Maceiras é un aula da natureza e que recomendo visitar.

































No hay comentarios: