Con este caderno, pretendo recoller recendos dos camiños.Recendos da primaveira ou do outono, do verán ou do inverno.Recendos doutros tempos. Está adicado as Xentes de Salceda de Caselas e de comunidades veciñas, que outrora tiveron que deixar os seus lares para buscalo pan fora da nosa terra.

domingo, 23 de mayo de 2010

Unha casa da Carrilla-Entenza.

Cando onte saín a camiñar por lugares de Cabreira e Arantei, non sabía que sorpresa tíñame reservado o día.Ocurriu que un dos camiños levoume a Entenza, ao lugar da A Carrilla.Alí achei unha casa abandoada e accesible.No puiden resistirme a visitala, e iso fixen.Abofé que quedei ledo de facelo.
Pensaba cas casas antigas, con lareira ou forno artesán, eran cousa do pasado.Para velas, que aínda quedan, hai que desprazarse as aldeas da montaña de Lugo, Ourense ,ou algunha vila do interior.Pues non, non é así.Aquí en Salceda hai una.No teño referencias desa casa, da súa historia.A quen pertence ou pertenceu.Investigareino.
Cando entrei, tiven a sensación de estar invadindo a intimidade de alguén.É coma se fóra un intruso nunha propiedade allea.
A entrada principal é pola lareira .Polas cinzas que ten, teño a sensación de que algún veciño aínda á utiliza.Pola lareira accédese a un nivel superior no que se encontran dúas habitacións unha dela coas paredes pintadas.Dende unha delas accédese a un balcón exterior no que se atopa o retrete.
Non sei cando se abandonou a casa, pero alí aínda queda un  calendario do ano 2000.
Onte pola tarde, levei alí aos meus fillos.

Un vello lagar.
A Lareira e o Forno.As cinzas semellan recentes.

Una porta baixa da entrada a bodega que semella subterránea.Aínda ten garrafas e unha cuba grande.
O salón?.
As paredes están pintadas.



O retrete.

No hay comentarios: