Deixando Parderubias, collin un camiño que non sabía moi ben onde ia a dar.Preguntábame que sorpresas me tiña reservado.Abofé que quedei satisfeito.Descubrin o que un día foi a Pazo de Pedra de Agua.O que queda do Pazo é hoxe unha propiedade privada.Os seus donos invitaronme amablemente a visitar a Capela e ilustráronme sobre a historia do Pazo.Despois de deixar o Pazo , din chegado a San Xurxo.Alí tireille unhas fotos a igrexa e mais a un vello Peto de Ánimas.
Mistura de estilos.
O Loureiro abonda por estos lares.
Tellado caseque a rentes do chan.
A carqueixa que non falte.
O Recendo dos eucaliptos.
A Capela de San Xoan no Pazo de Pedra de Agua.
Escudo do Pazo de Pedra de Agua.
A Igrexa vella de San Xurxo.
Peto de Ánimas en San Xurxo."A la devoción de Benito Fernández .El maestro Manuel González.Año de 1865".
No hay comentarios:
Publicar un comentario