Meu camiño levoume hoxe a unha Área Recreativa , que non se atopa en unhas condicións desexables.De seguro que boa culpa diso débese a que se está a traballar nunha nova senda pola ribeira do Río Caselas.Estou a falar da Área Recreativa das Covas.Unha área pequena pero xeitosa e se un pódese bañar moito mellor.A auga do río semella bastante limpa en comparanza a outras zonas.Hai unha fonte que supoño que será a Fonte das Covas.
Dende logo a esta a senda que se está a construir entre o Muiño das Covas eo Muiño dos Cregos da Laxe augúrolle moito éxito xa que aínda que non é moi longa, está preto do centro urban.
Comecei o camiño na Esfarrapada para seguir ata o lugar Dos Portelos ou Dos Balados , no Barreiro.Depois de visitar os Muiños e a senda , proseguín subindo unha pequena pendente ata o lugar da Carballida tamén no Barreiro.
O Parque da Asociación de veciños.
Aquí comeza a senda.
Subindo para A Carballida.
Escaleiras artesáns.
Baixando da Carballida polo Barreiro.Ao fondo a plantación de kiwis en Pegullal.
Ao fondo a Igrexa de Santa María.
No hay comentarios:
Publicar un comentario