Dúas horas estiven a camiñar pola Picoña e certamente aproveiteinas.Aínda terei que volver xa que é imposible visitar todos os barrios nun mesmo día.
A Picoña está situada na ladeira dunha montaña , polo que a súa orografía é moi especial.As subidas e baixadas sucédense ao longo do camiño.Mentres a percorría, tiven a sensación de volver estar na aldea.As xentes aínda traballan os campos, vense ovellas e cabras e por un momento o cheiro a bosta lembroume a miña infancia cando visitaba a aldea dos meus avós.Si a isto engadimos que descubrín fontes e cruceiros e belas paisaxes.O resultado é excelente.Da Casa Grande só engadirei catro fotos xa que ao ser unha propiedade privada, non puiden visitalo interiormente.
A pintura destes vellos letreiros aguanta ben o paso do tempo.
A dereita da imaxe preto do poste hai un coello.
Na Igrexa de San Martiño ,chama a atención que para acceder ao campanario haxa unhas escaleiras exteriores.
Neste cruceiro non é doado atopa la data.
Algúns cruceiros teñen adxuntos un peto de ánimas.
Estes tres canastros son fermosísimos,sen dúbida foi do mellor do percorrido de hoxe.
A paisaxe dende a Picoña é fermosa.
Fonte da Susan.
Os soportes son de formigón.Sen comentarios...
Fonte da Pena.
Esta casa semella vella e señorial.Na imaxe da dereita , habería unha santiña?.
A carón da casa atopei este lavadoiro e unha fonte.
Esta serpe morreu facendo un corazón.
Lavadoiro dos de despois da guerra.
A Casa Grande da Picoña é unha propiedade privada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario