Aínda que se coñece como Fraga , tampouco lle viña mal que lle chamaran Souto,xa ca meirande parte das árbores do parque son castiñeiros.
Nun reino de paz ,a natureza brindoume o "cric cric" dos grilos e o canto dos merlos.Descubrín unha pequena poza de auga cristalina ,da cal mostro unhas fotos que me enchen de satisfacción.
A Comunidade de Montes de Cristiñade , ten o Parque ben axeitado.
A Fonte non pode faltar.
As flores sempre aledan a vista.
Esta babosa tamén facía o seu camiño.
Aínda que pasan poucos vehículos,este lagarto que semella ser un arnal,chegou ao fin do camiño.
O reflexo das árbores nas augas,paréceme fermoso.
Esta placa non cumpre a súa función.
2 comentarios:
Noraboa polo blog. Paréceme unha idea estupenda. A verdade é que me das un pouco de envexa ver que tes tempo para subir unha entrada cada día, como sigas así vaste quedar, axiña, sin camiños que percorrer. Para rematar unha crítica constructiva, se ademáis das fotos, poideses acompañar cada entrada, cun pequeno mapa, tipo google maps ou wikiloc, do percorrido que fixeches, axudarianos a todos a ubicar mellor os sitios que non coñecemos e mesmo a emular os teus paseos. Un saúdo e de novo noraboa.
Grazas polo teu comentario.Estes días teño tempo de camiñar e de subir unha entrada cada día.Agradezo a tua suxerencia e pensarei en ela.Aínda así , coido co mapa no poderá chegar ao detalle das rutas dos meus camiños, as veces non sei onde estou.Os meus camiños no están planificados e que polo tanto son aleatorios.O Blog ven a conto para darlle máis motivación os meus camiños, de xeito que o que antes só era andar , agora é andar e ollar.A miña idea e percorrer pouco a pouco todalas parroquias de Salceda ,a todolos barrios non sei si darei chegado.
Engado unha ligazón a teu interesante Blog.
Un Saúdo.
Publicar un comentario