Con este caderno, pretendo recoller recendos dos camiños.Recendos da primaveira ou do outono, do verán ou do inverno.Recendos doutros tempos. Está adicado as Xentes de Salceda de Caselas e de comunidades veciñas, que outrora tiveron que deixar os seus lares para buscalo pan fora da nosa terra.

lunes, 17 de mayo de 2010

Da Capela de San Blas(Entenza) ao Espicho do Faro.

Nesta ocasión mais que un camiño , tomei a estrada que sobe  dende a Capela de San Blas,para achegarme ao Espicho do Faro (Entenza).A estrada sobe rodeada de árbores , maioritariamente eucaliptos e piñeiros.Só  achegandome  ao Espicho,vense unhas poucas cerdeiras novas.Ata chegar o alto non ollei cousas que me chamaran a atención.Nembargante tiven ocasión de fotografiar algunhas cousiñas que agora podedes ollar.

Traballo tivo que pasar o que veu tirar este vello frigorifíco no medio do monte.Non debe saber que no Concello os recollen a domicilio.
No camiño atopei este cogumelo de primaveira.¿Será comestible?.

Non podo comprender esta imaxe.
Semella que un alude de rochas vai caer sobre a estrada.
Por fin cheguei ao  Espicho.
O Espicho de Faro poida que sexa un dos parques recreativos máis coidados do Concello.
Esta poza esta chea de ras.Serás capaz de encotrar unha nesta imaxe?,pica sobre a imaxe , para vela en tamaño grande.



O Espicho do Faro.
Harry estivo no Espicho do Faro.


Vista dunha canteira dende o Espicho.
Unha Paisaxe.
O  perfil deste pelouro lémbrame a unha ra aínda que tamén parecese a miña curmá.
Estoutro pelouro,lémbrame unha parada de autobús.

No hay comentarios: