Non foi preciso ir demasiado lonxe para facer o camiño de hoxe.Por primeira vez entraba na parroquia de Soutelo para visitar a Área Recreativa do Borralliño.Dende alí ,en pouco tempo despraceime ata veciña parroquia de Parderrubias para visitar a Área do Penedo Redondo.Ámbolas dúas áreas dispoñen de campos de futbol e tamén de zonas recreativas.Como ven sendo costume , na miña andadura estiven acompañado dos fermosos cantos dos paxaros , merlos principalmente.Tamén tiven a oportunidade de ver unha parella de coellos.
Nembargante quero destacar o lamentoso estado da Área Recreativa do Penedo Redondo.Semella ca devandita área foi víctima de accións vandálicas.As fotos que veñen a continuación testemúñano.
O Centro Cultural e Social de Soutelo.
Capela en honor de San Liborio.
Os Cruceiros son unha parte importante do patrimonio cultural e artístico de Salceda.
Supoño queste é o Penedo Redondo.
Boa parte dos bancos e mesas da Área están desfeitos.Unha fonte non bota auga.
domingo, 30 de mayo de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario