Tiña especial interese en facer unha andaina ata Arantei.Onte foi o día escollido.Partindo de Salceda e pasando por Cabreira,fun penetrando en terras de Arantei ,tratando de recoller algo novo para o meu caderno.Xa sabía mais ou menos o que me agardaba e non houbo moitas sorpresas.De Cabreira pasei ao Monte da Bouza para despois retornar por O Xestal.
Hoxe din co veneno.
O Centro Cultural de Cabreira.
O pole deixa o camiño cun manto que semella neve.
Agrandando a imaxe semella que está folerpando pole.
O Kiwi en flor.
Moito veneno hai , cal é o seu destino?
Descoñezo o nome do lugar deste Lavadoiro de Arantei .
Cheminea grande , cociña grande.A saber de quen é esta casa que semella un pazo.
A Igrexa de Arantei.
Porta de entrada da casa con santiña con porta aberta.
Cruceiro de Arantei.
Imos polo Xestal.
De novo en Cabreira.O veneno é para os cans?.
No hay comentarios:
Publicar un comentario