Por razóns da nosa orografía ,a nosa terra está chea de outeiros.En Salceda de Caselas tamén os hai.Nesta ocasión fixen unha andaina de unha hora que me levou dende San Xurxo ao lugar de Outeiro.
Partindo da estrada que vai de San Xurxo a Picoña ,tomei unha subida que hai despois do cemiterio.Asi cheguei a Outeiro.Despois de percorrelo de abaixo arriba , seguín por unha pista que mesmamente hai no alto do bárrio .Vin facendo un rodeo que me achegou de novo a San Xurxo polo Cruceiro.O camiño non deu moito de sí.Pero tiven a oportunidade de descubrir dous novos lavadoiros , o Cruceiro de San Xurxo e un Peto de Ánimas que noutro día pasóuseme desapercibido.
Punto kilométrico ?.
De camiño atopei a este caracol bermello que debeu facer malabares.
As portas vellas e traballadas sempre espertan a miña curiosidade.Esta de Outeiro e do ano 1955, e ten as iniciais A D C D S P.
Este Lavadoiro de Outeiro está baixo unhas videiras.
As dúas primeiras mapoulas que vexo nesta primaveira.
As casas vellas e señoriais teñen toda unha historia.
Aínda que a data da placa deste Cruceiro de San Xurxo é de 1991,semella ca imaxe da Virxe e moito mais vella.
A herba invade este parque infantil que hai tras a Aula do colexio de San Xurxo.Semella que non é moi utilizado.O Pombar é o primeiro que vexo en Salceda.
Se queres auga dalle o manubrio.
Esto Peto de Ánimas forma parte da fachada dunha casa vella de San Xurxo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario