Dende a Feira ao Parque dos Agoeiros hai unha pista non demasiado pronunciada.O camiño é moi agradable.En todo momento acompañáronme os cantos dos paxaros eo recendo dos eucaliptos e piñeiros.
Un pouquiño antes de chegar ,atopei estes pelouros .non puiden deixar de pensar na miña seguridade se se chegase a caer algún deles.
O monte está preñado de primaveira e milleiros de pequenas flores podense ollar na beira do camiño.Dalle a imaxe para ollalas.
Non lavar na fonte.
Aquí sí se pode lavar.
Xa estou pensando en facer unha sardiñada.¿Poderase?.
As travesas de madeira da ponte ,parencen vellas. Poño en cuestión a súa seguridade.Aínda así, crucei a ponte, eso sí a modiño.Nembargante ,a humidade da madeira, por mor do rocío da noite, fixo que eu esvarara e caira de cu.
No hay comentarios:
Publicar un comentario