Este camiño vai dende a Igrexa de Entenza ata o bárrio do Cruceiro da mesma parroquia.Para rematar no Centro Cultural e Recreativo de Entenza.No camiño decubrín un peto de ánimas e un lavadoiro.Pero tamén vestixios do pasado.Chamoume a atención,unha porta inaccesible que quedou afundida na beira da estrada.Todo iso podédelo ver nas fotos que se mostran de seguido.
Este Peto de Ánimas xa leva tempo en crise.
Outro "túnel" feito pola natureza.
Este gato precisa pouco espazo para descansar.
Sempre atopo flores pouco habituais.
Aínda que non o pareza ,nesta foto hai un coello.Poderás atopalo picando na imaxe?.
Unha fonte máis , neste caso a auga e da mina. Descoñezo o nome.
Vestixios do pasado.
O Cruceiro de Entenza de 1680.
O Centro Cultural e Recreativo de Entenza.Outrora foi unha escola.
O Lavadoiro está moi preto do Centro Cultural.
A porta inaccesible,aínda conserva pechadura.
Unha casa vella que semella abandoada.Cheminea grande,cociña grande.Unha placa indica que é do ano 1905 e que foi fundada por D.José Martínez.
Este ano semella que haberá figos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario