A veciña parróquia de Cabreira (Salvaterra de Miño), está pegadiña a Salceda de Caselas.Polos seus vieiros atopanse as mesmas froles que antes ollamos, pero tamén descubrín cousas do pasado, como este monumento adicado ao "Campo da Misión".
Os cruceiros son sen dúdiba unha seña de identidade das xentes de Cabreira.Un deles curiosamente ten enriba una Virxe en lugar do Cristo , este atopase a carón da igrexa parroquial de San Miguel .O outro, enbaixo da Capela de San Roque e unha obra de árte que paga pena ollar.
O palco a carón da Capela de San Roque foi feito con unha doación dos emigrantes na Arxentina
"O can traba o timbre non" , certamente os timbres non traban.
Unha doación feita en 1833 por José González é o Peto de Animas que se atopa ao pé do cruceiro.
Escrito no pé do Cruceiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario