Ao Barrio da Feira adoito ir en entroidos e algunha vez que outra, de paso co coche.Nesta ocasión quixen ollar con máis detalle as súas testemuñas historicas e respirar o seus recendos.
A Carballeira de Xabarís.
Este ano parece que haberá algunha que outra ameixa.
O Cruceiro da Feira .¿ Facemos unha ruta dos Cruceiros de Salceda de Caselas?,¿cantos haberá?.
Placa que homenaxea os fundadores do Centro Cultural da Feira .
Obelísco do ano 1932.Pica na imaxe para ollalo mellor.
Salceda e terra de pazos.Na Feira está o Pazo de Aballe.Unha mágoa non poder visitalo,xa que é privado.
Casiñas doutros tempos.
Saíndo da Feira pola pista que leva ao Parque dos Agoeiros, faise notar a mimosa.O tempo da flor xa pasou.
No hay comentarios:
Publicar un comentario