Con este caderno, pretendo recoller recendos dos camiños.Recendos da primaveira ou do outono, do verán ou do inverno.Recendos doutros tempos. Está adicado as Xentes de Salceda de Caselas e de comunidades veciñas, que outrora tiveron que deixar os seus lares para buscalo pan fora da nosa terra.

domingo, 16 de mayo de 2010

De Os Agoeiros a Castro Barreiro.

Na baixada Os AgoeirosCastro Barreiro, acompañoume un intenso recendo de xesta.Polo camiño atopei fermosos carballos a xogo ca exuberante vexetación.
Fermoso carballo.
Neste lugar ,semella que noutro tempo houbo uns paneis informativos.



Fermosas imaxes deste encoro.A súas augas seica serven para regadío.Pregúntome se aquí podería haber unha área recreativa , onde a xente puidese bañarse.Dende logo a zona meréceo.
Semella que no lugar de Pomar de Suso,houbo mais xente noutro tempo.As videiras trepan polos piñeiros ea nespereira da flores que non son dela.De seguro que estas árbores pertencían os donos do que queda de casiña que se pode ollar na foto que segue.

 Esta ben atopar no camiño un lugar onde repoñer forzas,e pasar dos recendos da natureza ,aos recendos gastronómicos.Neste restaurante un poderá xantar e relaxarse ca paisaxe.

Fontiñas hai ben delas. Esta chámase a Fonte do Charco.
 O escudo no Centro Cultural de Castro Barreiro.

 .

Nesta praza celébrase o Entroido de Castro Barreiro.

Panorámica do Pazo de Aballe ,visto dende Castro Barreiro.

No hay comentarios: