Con este caderno, pretendo recoller recendos dos camiños.Recendos da primaveira ou do outono, do verán ou do inverno.Recendos doutros tempos. Está adicado as Xentes de Salceda de Caselas e de comunidades veciñas, que outrora tiveron que deixar os seus lares para buscalo pan fora da nosa terra.

domingo, 9 de mayo de 2010

De Sta.María de Salceda a Vendanova - San Xurxo pola Laxe.

Onte  fixen a ruta dende a Igrexa de Sta.María de Salceda a Vendanova en San Xurxo , pasando polo Pazo de Pegullal ea Carballeira da Laxe.Mágoa que o Pazo estaba pechado e só puden facerlle fotos a porta de entrada.Aínda así fixen algunhas que levan os recendos do camiño.



Ollade nesta foto un caracol suicida cruzando a mollada pista.Pregunteime canto lle quedaría de vida.

 Aínda podense ver as portas caseque señoriais de madeira con traballadas gravacións, como esta de 1906.
Tamén atopei unha caixa de correo en pedra , moi artesanal.Sen dúbida esta é terra de pedra e de cantéiros.

Paseniño din chegado a Carballeira da Laxe , nela non podía faltar a auga fresca da fonte.Algúns dicen que é das mellores augas.Botei un grolo e abofé que estaba boa.
                                                                                                                           
Ainda quedan "timbres ecolóxicos" coma este ,mágoa que non ten  corda que coller para facer soar a campá.
                                                                                                                   
As fontes abondan , neste caso e unha fontiña que ven dunha mina.Aproveitando un pequeno  espazo  fíxose unha mesa o seu carón, que co paso do tempo, quedou sen asentos .Descoñezo o nome da fonte pero ei de dar con él.   
                                                                                                             
                                                             
Un pouco mais arriba atopei esta casiña .Pensei que si fora un cativo botarime polo seu inclinado tellado.Tamén chamóume a atención un vello canastro que parece que está a piques de desfacerse.A paisaxe do fondo,recolle terras da Picoña.

Xa enriba da Vendanova ,a ovella nai e seus años , miráronme a verme pasar.Deberon pensar que eu era un extravagante.

No hay comentarios: