O bo día que fixo onte animaba a camiñar.Era un día non laborable que as xentes aproveitaron para traballar no campo.Nesta ocasión fixen o camiño que vai da Igrexa Parroquial de Entenza, a Capela da Ascensión.Para seguir ata o Cruceiro que hai un pouco máis arriba da Capela.Xa no cruceiro seguín camiño arriba por unha pista que me levou o cimeterio e de novo á igrexa parroquial.
A Igrexa de Entenza ten por patróns aos Santos Xusto e Pastor.
O colector do lixo non queda ben diante do panel informativo.Tiven que apartalo para sacarlle unha foto.
Neste panel do Sendeiro das Greas ,tendes información detallada da Igrexa.
Subindo para a Capela da Ascensión , atopei este ben conservado lavadoiro.
Non me podo resistir ás flores belas.
A Capela da Ascensión esta acompañada por uns lonxevos sobreiros.
Ano de 1598.
Un pouco máis arriba cheguei a este fermoso Cruceiro.Na súa base atópase a Adan e Eva co cu ao aire.A data do Cruceiro non e lexible.
Outro camiño para ir ao Espicho do Faro.
O Recendo do xazmin fixóse notar.
Nesta foto quero amosar como os carballos ,piñeiros,eucaliptos e loureiro, misturanse.
Esta serpe non tivo sorte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario