As veces un ten un plan que non leva adiante porque atopa outro.Esto foi o que me pasou esta mañán.
Tiña idea de ir a San Cibran por Guláns pero o mirar o fermoso val que Guláns ten, decidín deixar a San Cibran para mellor ocasión.Abofé que quedei ledo da miña decisión despois de ollar o Val e coñcecer os fermosos lugares que forman parte desta fermosa parroquia.Hoxe, lugares como A Abelleira,A Costa da Groba, O Outeiro,O Pereiro,Suaviña ,O Arrabal , O Lameiro é O Padrán , forman parte do meu coñecemento e tamén de este caderno.
Ollando tanta fermosoura , tanta paz e sosego é doado comprender que esta sexa terra de músicos e de recoñecidos compositores.
Igrexa de San Xulián en Gulans 1840.
Fermosa paisaxe.
Este Val é algo especial.
Neste lavadoiro había unha muller lavando.
Esta planta abonda , hai que lle chama menta,menta de burro,mentrásto.Seu recendo e moi agradable.
Fonte do Cotiño.
Outrora, este pequeno río, era o motor dos numerosos muíños que hai nestes lares.
A Ferradura de cabalo na porta , sería para que non entrara a bruxa ou o demo.É a primeira porta que atopo con ferradura.
viernes, 18 de junio de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario