Con este caderno, pretendo recoller recendos dos camiños.Recendos da primaveira ou do outono, do verán ou do inverno.Recendos doutros tempos. Está adicado as Xentes de Salceda de Caselas e de comunidades veciñas, que outrora tiveron que deixar os seus lares para buscalo pan fora da nosa terra.

viernes, 25 de junio de 2010

Noite de San Xoán no Espicho do Faro.

Este ano decidín pasar a noite de San Xoán no Espicho do Faro.Todo foi posible grazas a organización dos mozos e mozas da Asociación a  Turonia de Entenza e da Comunidade de Montes.
Esta noite os recendos das flores foron sustituidos polos recendos das sardiñas asadas ,de queimada e do fume da fogueira.
Aínda que xa coñecía o Espicho do Faro, achegueime cedo para facer algunha foto máis e entre lusco e fusco ollar unha fermosa posta do sol.
Foi unha noite agradable en compaña de veciños e de amigos.
Posta do sol dende o Espicho do Faro.
Facendo as brasas.
 A mocedade traballando arreo.
 Por San Xoán, a sardiña molla o pan.

Queimada con conxuro.
Cantareiras.

No hay comentarios: