Con este caderno, pretendo recoller recendos dos camiños.Recendos da primaveira ou do outono, do verán ou do inverno.Recendos doutros tempos. Está adicado as Xentes de Salceda de Caselas e de comunidades veciñas, que outrora tiveron que deixar os seus lares para buscalo pan fora da nosa terra.

jueves, 10 de junio de 2010

Da Senda do Río Caselas a Arantei e Caldelas de Tui.

Na Ponte do Picado xa estivera fai uns días como poderedes ollar nesta ligazón.Agora a Senda  xa está rematada e foi inaugurada recentemente.Certamente mellorou , xa ten bancos onde sentarse e tamén uns paneis xiratorios moi ben pensados,que son moi didácticos en canto a flora e fauna da propia senda.Máis a maior ledicia foi comprobar  dende a Ponte do Picado , que o Río Caselas tiña peixes.

Dende a Ponte do Picado pasei a veciña Arentei.Andando un pouco pola estrada PO-404 din chegado a Área Recreativa do Manteiro.Esta área atopase en malas condicións como poderedes ollar nas fotos.Penso que agora que o río non atufa, paga a pena axeitala.

Crucei o río por un pequeno paso.Seguindo o camiño din chegado aos lugares do Souto, O Calvario e As Peteiras por Terras de Caldelas de Tui.Para volver o punto de partida pola estrada onde está o Centro de Experimentación e Capacitación Agraria.

Fermosos paneis.

A Área Recreativa do Manteiro está moi abandoada.

A Casa a carón da Área recreativa ,tamén está en mal estado e abandoada.

Por aquí crucei o río.

Tomei este camiño que me levou a terras de Caldelas de Tui.

Esta abondosa planta coñecida en castelán como Llantén, ten moitas aplicacións curativas  e mesmo gastrónomicas.E boa para as picaduras dos  insectos ou das ortigas.

O Río Caselas pasando polo Souto en Caldelas de Tui.

Os montes de Portugal ao fondo.

Esta nespereira de Peteiras está chea de froitos.

Esta serpe non tivo moita sorte. 
 

No hay comentarios: