A Paramos cheguei de xeito inesperado.Sucedeu que partindo do Soutelo tomei unha pista que me levou a Capela de San Caetano, xa en Paramos.Dende ali tiña varias opcións xa que había varias pistas para continuar o meu camiño.Tomei unha delas que me levou o Centro Cultural de Paramos. Dende alí crucei a ponte sobre a via do tren de xeito que en pouco tempo estaba na ribeira do rio Miño.O camiño de retorno foi por unha pista que me levou a Igrexa de Paramos e dende alí seguín ata Soutelo.De xeito especial chamaron a miña atención unhas travesas de ferrocarril tiradas no medio do monte en Paramos.Aínda agora non podo entender este feito.
Aquí comecei o camiño.
A Capela de San Caetano en Paramos.
Escaleiras exteriores
Espantallos.
Centro Cultural Laxes de Paramos.
A Ribeira do Miño pasando por Paramos.
Instalacións en mal estado.
Pista perigosa na ribeira do Miño , de feito o tráfico está prohibido.
Non sei ben que función ten.
A este cimeterio que imaxino é o de Paramos, cheguei.
Camiño de volta.
Imos logo aló.
Camiño da igrexa.
Igrexa de SAn Xoán en Paramos.
Ai moitos restos do que foi o antigo cemiterio.
Pensei que o tempo do xazmin xa pasara. Pois non foi así.
Esta imaxe impresionoume .Como é posible?
O Chegar a este cruceiro , comprendín que xa estaba de novo en terras de Soutelo.
Vin sair aquí.
Números de teléfono de seis díxitos?.
No hay comentarios:
Publicar un comentario