Con este caderno, pretendo recoller recendos dos camiños.Recendos da primaveira ou do outono, do verán ou do inverno.Recendos doutros tempos. Está adicado as Xentes de Salceda de Caselas e de comunidades veciñas, que outrora tiveron que deixar os seus lares para buscalo pan fora da nosa terra.

jueves, 17 de junio de 2010

Por Terras de Caldelas de Tui.

A idea de visitar Caldelas de Tui tiña metida na testa dende fai ben tempo.Desexaba ollar onde o Río Caselas deixaba de selo para formar parte do Pai Miño.Comecei o meu camiño dende a Igrexa de San Martiño en Caldelas para dende ali tomar de xeito aleatorio pistas e camiños que me levaron a diversos lugares.
Cando me decatei xa estaba preto do pobo de Caldelas de Tui.Xa postos botei unha ollada o Balneario, o Pai Miño e o Río Caselas.Moitas fotos testemuñan a xeito de resumo,a miña andaina de hoxe.
O reloxo non vai ben.
Abadía do Pelouro a Xeito-Turismo rural.
Desta porta chamoume a atención unha placa de chapa oxidada que semella ser du unha aseguradora que de seguro xa non existe.
Figueiriñas que eu non plantei.
Esta área de rapaces é privada segundo o letreiro que hai no carballo que se amosa na foto máis abaixo.Ten moito óxido.
O letreiro do carballo tamén está oxidado  "Propiedade privada".
 
Área recreativa no Foxo.


Economía Sostible en Candelas?.
 
  Chegando a Caldelas de Tui.

Ao fondo a Capela do Carme.
 
Establecemento do Balneario de Caldelas de Tui. 
 
Este arbusto medrou ao longo do balcón. 
 
 
A Ribeira de Caldelas.
 
Nesta área recreativa se pode xogar a chave. 
  
Imaxes do Pai Miño,con campistas furtivos ao fondo.
 
Na imaxe da dereita vese un pescador furtivo. 
 
Esta cria de toupa non tivo fortuna. 
 O Río Caselas a piques de morrer no Pai Miño.
 
Muíño no Río Caselas en Caldelas de Tui.
 
Aumentando a imaxe ollarás un muíño agochado pola vexetación.

Pola pista de esquerda fixen o camiño de volta. 
 
Turismo rural. 
 
O Caron das Termas. 
  
Villa Olivéira 1929. 
 
Unha das flores máis belas do camiño. 
 
Si aumentas o tamaño da imaxe , poderás ver o coelliño. 

No hay comentarios: