Saíndo da Devesa en Salceda tomei un camiño que pasa xusto debaixo da estrada xeral que vai do Porriño a Salvaterra de Miño.Dende alí ,collendo a estrada de Caldelas de Tui, din chegado as terras de Entenza, tratando de descubrir un novo camiño.Primeiramente achegueime ao barrio de San Blas/San Brais ou Pedracarballa, para despois retroceder ata onde se atopa a Renault.Tomei unha pista a dereita que me levou a Arrotea e despois A Porteliña.
Abofé que non me arrepentín da ruta escollida.Nela tiven a oportunidade de ver uns coellos e de pasar por camiños a caron das videiras.Para despois ,xa en pleno monte,pasando por estreitos sendeiros cheos de árbores, vir sair A Porteliña.
Partindo da Devesa tomei este camiño.
Andiven uns metros a caron da estrada xeral.
Vin sair a estrada de Entenza.
Tomei un camiño a esquerda que non tiña saída.Alí había este lavadoiro privado.
Unhas framboesas en Pedracarballa.
Dende o taller da Renault tomei esta pista.
Picar nas imaxes para ollar os coellos.
Neste punto decidín ir para O Castelo.
Ollo co veneno.
Estas casiñas coido que son da Arrotea, non sí?.
Esta fermosa flor xermolou no camiño.
Aquí rematou a andaina de hoxe.
A Adega de A Porteliña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario