Con este caderno, pretendo recoller recendos dos camiños.Recendos da primaveira ou do outono, do verán ou do inverno.Recendos doutros tempos. Está adicado as Xentes de Salceda de Caselas e de comunidades veciñas, que outrora tiveron que deixar os seus lares para buscalo pan fora da nosa terra.

jueves, 24 de junio de 2010

Por Terras de Grixó en Alxen -Salvaterra de Miño.

Novamente fixen camiño por Terras de Salvaterra de Miño.Nesta ocasión tocoulle a Grixó na parroquia de Alxen.Partindo da Capela de Santiago,de 1769,tomei unha pista que me levou ao Pazo Casa do Piñeiro.Tiven a oportunidade de ollalo polo seu interior , aínda que omitirei as fotos por unha cuestíon de privacidade.De todo xeito o seu estado é lamentable.Só a capela no interior do pazo ,semella estar en boas condicións.
Xa máis adiante crucei a estrada para despois tomar unha pista que me levou o punto de partida .
Deste horreo só se consevan os pés dereitos e os tornar ratos que neste caso son redondos.
Non sei ben si esto foi un muíño noutrora.
Unha vista do Pazo do Piñeiro.
Ao fondo Salvaterra de Miño.
Vista lateral do Pazo do Piñeiro.
Unha bela e inútil fonte no interior do pazo.
Da capela chamoume a atencíon o Cristo.
Vista lateral do Pazo.
Entrada do Pazo e parte traseira da capela.
Ao fondo o Pazo do Piñeiro.
A pintura da placa non resistiu o paso do tempo.
Benvido a escaleira dos fentos.

No hay comentarios: