Tiña arelas de ollar máis de cerca a coñecida Ponte das Partidas na parroquia de Moreira, en Ponteareas.
Esta razón condicionou o diseño do meu camiño.Tratei de aproveitalo visitando lugares ea Igrexa de San Salvador en Cristiñade.
Dende a ponte vin pasar as augas do Río Tea e boteille unha ollada a Área Recreativa que alí se atopa.De todo elo deixo unhas fotos.Nembargante recomendo picar nesta ligazón para coñecer mellor a historia da ponte e ollar algunha foto vella da mesma.
Igrexa de San Salvador de Cristiñade.O reloxo da torre non sinala ben a hora.
Este Cruceiro de Cristiñade atopase a carón da Igrexa.
Precísase un exiptólogo para descifrar o contido desta placa.
Por esta estrada adentreime en terras da Parroquia de Moreira.
O Río Tea semella bastante limpo o seu paso pola ponte.Os peces están presentes.
Praia fluvial da área recreativa.
Fermosa Ponte aínda que ten algúns amaños chapuceiros.
Lugar de importancia comunitária. O seu estado e lamentable.
Me chaman a atención os túneles de árbores. Este semella ser un verdadeiro túnel.
Esta babosa de bo tamaño desafiaba a gravidade.
Sempre as flores forman parte do decorado dos meus camiños.
Mágoa , non podo asistir.
Casas vellas no barrio do Puño.
O Centro Cultural de Cristiñade foi outrora a escola.
Unha vista de Cristiñade ca igrexa o fondo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario