Sempre gustoume facer camiños descoñecidos.Camiños que descubrir.As veces levas sorpresas agradables,outras non.Nesta oportunidade quixen tomar un camiño do que non tivera referencia algunha.
Comecei na Capela da Ascensión de Entenza e tirei polo monte.Despois de unha hora camiñando entre recendos de piñeiros e eucaliptos din chegado a Soutelo. Dende alí ,pasando polo Torreiro ,tomei a estrada xeral a Entenza para volver o punto de partida.
A nogueira está chea de cunchos, semella que este ano haberá moitas noces.
Tomei a estrada da dereita.
Imos a Soutelo logo.
Semella que este encoro xa non se utiliza.
Ata chegar a Soutelo non vin pasar a ninguén.
Esto foi o primeiro que atopei antes de chegar a Soutelo.
Por momentos o meu teito foi este.
Unha das primeiras casas de Soutelo.
As vides están a purgar.
Imos ver si hai meixón.
Estes años agardaban que unha billa botara auga.
Xa na estrada xeral de Soutelo a Entenza , hai unha ponte que da paso a un pequeno río.A protección está nestas condicións.
Fin do camiño por hoxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario