De novo por Terras de Salvaterra de Miño para ollar O Parque da Canuda , e facer camiño pola ruta ecolóxica que percorre a ribeira do Miño ata a Illa de Fillaboa.O camiño deu moito de sí e foron moitas as fotos.O Parque da Canuda é fermoso ben coidado e ben dotado.Ata se pode leer o xornal de balde.Pero tamén dispon de auditorio unha área adicada a natureza e outra para a ximnasia e rehabilitación de maiores.Polo tanto reune as condicións para pasar un momento agradable,no marco da incomparable paisaxe do Pai Miño e Portugal.As veces penso que é moito parque para un número non excesivamente grande de visitantes.Mais tamén e certo que como dice o refran, "barco grande ande ou non ande".
Este Lavadoiro inútil non da boa imaxe.
Posto da policía, antiga aduana.
Os niños de anduriñas son abondosos.
Antigo embarcadoiro.
A ribeira portuguesa en terras de Moncao.
A fortaleza de Salvaterra de Miño ollada dende Portugal.
O Pai Miño visto dende a ponte internacional.A dereita o Parque da Canuda.
Salvaterra de Miño.
Entrada ao Parque da Canuda.
O Auditorio.
Xogos para os cativos.
Para maiores , ximnasia e rehabilitación.
Aula da natureza.
1 comentario:
¡Precioso! Es una pena que haya tan poca gente que lo conozca. Me encantaría verlo, vivirlo, oirlo, sentirlo...
Publicar un comentario