Con este caderno, pretendo recoller recendos dos camiños.Recendos da primaveira ou do outono, do verán ou do inverno.Recendos doutros tempos. Está adicado as Xentes de Salceda de Caselas e de comunidades veciñas, que outrora tiveron que deixar os seus lares para buscalo pan fora da nosa terra.

lunes, 14 de marzo de 2011

VII Festa do Mexillón en Cabreira - Salvaterra de Miño.

Na parroquia de Cabreira,en Salvaterra de Miño ,nun fermoso lugar  a beira do Rio Caselas ,celebrouse un ano máis a festa deste benquerido molusco mariño das nosas rias.A organización traballou arreo para acadar unha festa con éxito.A climatoloxía non foi a desexable , mais aínda así,centos de persoas , maioritariamente da parroquia e de lugares veciños ,poideron disfrutar da nosa gastronomía en compaña da Charanga Divertida de Salceda de Caselas e do pregoeiro Alvaro Pino.

No hay comentarios: