Con este caderno, pretendo recoller recendos dos camiños.Recendos da primaveira ou do outono, do verán ou do inverno.Recendos doutros tempos. Está adicado as Xentes de Salceda de Caselas e de comunidades veciñas, que outrora tiveron que deixar os seus lares para buscalo pan fora da nosa terra.

sábado, 26 de marzo de 2011

Manillas das portas vellas

 Nesta entrada quero amosar a xeito de mostra, algunhas das moitas manillas dos vellos portóns, que atopei polos camiños de Salceda de Caselas e arredores.Manillas artesáns, caseque personalizadas, algunhas con unha cruz,outras máis sinxelas.Todas feitas de aceiro oxidable.Manillas bifunción que tamén servían para petar.  Manillas que hoxe son testemuñas do xeito de vida de outros tempos.! Botalle unha ollada ¡.

















































1 comentario:

Valdolouro.com dijo...

Fermosa colección de manillas.