Con este caderno, pretendo recoller recendos dos camiños.Recendos da primaveira ou do outono, do verán ou do inverno.Recendos doutros tempos. Está adicado as Xentes de Salceda de Caselas e de comunidades veciñas, que outrora tiveron que deixar os seus lares para buscalo pan fora da nosa terra.

domingo, 6 de febrero de 2011

Unha volta pola Serra de Courel

Ir ao Courel polo mes de xaneiro é un pouco arriscado por mor das xeadas ou mesmo da neve.Pero foron máis fortes as arelas por ir que os  temores  climatolóxicos. Abofé que tiven sorte ,xa que non houbo atrancos para achegarme alí , a neve que había nas pistas non era moi abondosa.
Foi un dia xenial ,que aproveitei para visitar as aldeas de Paderne e de Froxán , encher os pulmóns de aire limpo e darlle placer aos meus ollos contemplando as fermosas paisaxes que esta serra luguesa nos ofrece.
Unha vez máis sentinme ben.Xa o dixo o poeta Novoneyra ,"Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe! Eiquí síntese ben o puco que é un home".
 A Devesa de Paderne ao fondo.
 Capela en Paderne.
 Aldea de Paderne de Courel.











 Carambelos perto de Folgoso do Courel.
 Unha panorámica de Folgoso dende a baixada a Valdomir.





 O rio Lor no seu paso por Valdomir.
 Camiño de Vilamor.

 Aldea de Froxán.
 Castiñeiro vello.




 Ruas en Froxán.

No hay comentarios: