Con este caderno, pretendo recoller recendos dos camiños.Recendos da primaveira ou do outono, do verán ou do inverno.Recendos doutros tempos. Está adicado as Xentes de Salceda de Caselas e de comunidades veciñas, que outrora tiveron que deixar os seus lares para buscalo pan fora da nosa terra.

martes, 11 de mayo de 2010

Da Esfarrapada ao bárrio Pedra

 Hoxe o ceo está anubado pero non choveu.Fixen un camiño mais doado, que partíu da Esfarrapada a Sta. María polo Bárrio da Pedra para facer o retorno pola estrada xeral.Sempre se atopan Recendos como estes que agora vos amoso.
Esta casa pouco lle queda de vida , xa que semella que van botala abaixo.A min me da enoxo xa que páreceme unha  casa moi particular. Non sei de quen era , pero de seguro que ten unha longa historia .

Esta pintada  forma parte da paixase urban , dende fai ben tempo.Podería poñer "Pobo culturizado, pobo respetado".Sen dúbida a mellor arma é a cultura.
Xa no Bárrio da Pedra ,din con este espantallo tan ben axeitado.
Nesta entrada de 1802 , pódese leer "Toda criatura confiese , adore e invoque al dulcísimo nombre de Jesús".As sinais negras ,non sei que representan.
Esta fonte do Bárrio da Pedra , bota a auga que ven dunha mina. A mesa a xogo quedou sen bancadas (esta imaxe paréceme repetida).

No hay comentarios: