Con este caderno, pretendo recoller recendos dos camiños.Recendos da primaveira ou do outono, do verán ou do inverno.Recendos doutros tempos. Está adicado as Xentes de Salceda de Caselas e de comunidades veciñas, que outrora tiveron que deixar os seus lares para buscalo pan fora da nosa terra.

lunes, 31 de mayo de 2010

Parderrubias por Maceira.

As pingas que caian non impediron que me achegara a Maceira-Parderrubias,para coñecer o Cruceiro que alí hai.
Tomei unhas pequena estrada que vai en paralelo a parte traseira da gasolineira.En poucos minutos xa estaba alí.
Para voltar tomei unha pista interior que me levou a Altamira en Salceda.Onde aproveitei para sacarlle unhas fotos ao Parque Raiña Aragonta.
Este hórreo modelo uralita non ten moito futuro.
Cruceiro de 1799 a devoción de María Antonia.
Espantallos plásticos.
Aquí truxome o camiño. A Altamira-Salceda.
Memoria histórica.
Estes cans ladráronme o pasar.
E bo sabelo.
O Parque Raiña Aragonta. Agardo ver os ferros cheos de follas e de paxaros.
Algunhas casas non remataron.Non dan boa imaxe.
A Rua Rafael Tilve é hoxe unha rua onde pasan moitos automobiles.Aínda podense ver espazos verdes.
Leer mais...

domingo, 30 de mayo de 2010

Do Borralliño ao Penedo Redondo.

Non foi preciso ir demasiado lonxe para facer o camiño de hoxe.Por primeira vez entraba na parroquia de Soutelo para visitar a Área Recreativa do Borralliño.Dende alí ,en pouco tempo despraceime ata veciña parroquia de Parderrubias para visitar a Área do Penedo Redondo.Ámbolas dúas áreas dispoñen de campos de futbol e tamén de zonas recreativas.Como ven sendo costume , na miña andadura estiven acompañado dos fermosos cantos dos paxaros , merlos principalmente.Tamén tiven a oportunidade de ver unha parella de coellos.
Nembargante quero destacar o lamentoso estado da Área Recreativa do Penedo Redondo.Semella ca devandita área  foi víctima de accións vandálicas.As fotos que veñen a continuación testemúñano.
O Centro Cultural e Social de Soutelo.
Capela en honor de San Liborio.

Os Cruceiros son unha parte importante do patrimonio cultural e artístico de Salceda.

Supoño queste é o Penedo Redondo.
Boa parte dos bancos e mesas da Área están desfeitos.Unha fonte non bota auga.
Leer mais...

viernes, 28 de mayo de 2010

A Senda das Covas no Barreiro.

Meu camiño levoume hoxe a unha Área Recreativa , que non se atopa en unhas condicións desexables.De seguro que boa culpa diso débese a que se está a traballar nunha nova senda pola ribeira do Río Caselas.Estou a falar da Área Recreativa das Covas.Unha área pequena pero xeitosa e se un pódese bañar moito mellor.A auga do río semella bastante limpa en comparanza a outras zonas.Hai unha fonte que supoño que será a Fonte das Covas.
Dende logo a esta a senda que se está a construir entre o Muiño das Covas eo Muiño dos Cregos da Laxe augúrolle moito éxito xa que aínda que non é moi longa, está  preto do centro urban.
Comecei o camiño na Esfarrapada para seguir ata o lugar Dos Portelos ou Dos Balados , no Barreiro.Depois de visitar os Muiños e a senda , proseguín subindo unha pequena pendente ata o lugar da Carballida tamén no Barreiro.
O Parque da Asociación de veciños.
Aquí comeza a senda.
Subindo para A Carballida.
Escaleiras artesáns.
Baixando da Carballida polo Barreiro.Ao fondo a plantación de kiwis en Pegullal.
Ao fondo a  Igrexa de Santa María.
Leer mais...